InicioECONOMÍAO persoal da planta de lixos irá á folga en decembro para...

O persoal da planta de lixos irá á folga en decembro para evitar ter salarios conxelados ata 2028

Publicada o

Por europapress

Os traballadores e as traballadoras da UTE Albada, que xestiona a planta de tratamento de lixos de Nostián, irán á folga os días 5, 7 e 9 de decembro en demanda dun convenio “digno”.

Farano, segundo denunciaron, tras levar máis dunha década cos soldos conxelados e con “recorte” nas súas condicións laborais e sociais despois do decaemento do anterior convenio colectivo o 1 de xaneiro de 2020.

A folga afectará a todo o persoal da UTE Albada de todas as quendas de traballo e concretarase da seguinte maneira: das 22 horas do domingo 4 ás 22 horas do luns 5 de decembro; das 22 horas do día 6 ás 22 horas do día 7 de decembro; e das 22 horas do xoves 8 ata as 22 horas do venres 9 de decembro.

O presidente do comité, Hadrián Canosa, explicou, en rolda de prensa, que nestes momentos as negociacións coa empresa está bloqueadas despois de que na reunión do 17 de novembro, Albada presentase unha proposta “inasumible”.

“Que supón a conxelación salarial para un período de seis anos e tamén a perda doutros dereitos económicos e sociais”, explicou. Tamén asegurou que a oferta da empresa non iguala as condicións que estaban recollidas no convenio anterior.

“Pero ademais Albada pretende manternos conxelados os salarios ata 2028, é dicir, a final de convenio levariamos 16 anos sen actualizar os nosos soldos”, apostilou.

ÚLTIMAS

O festival Mar de Mares converterá A Coruña en xuño na “capital mundial dos océanos”

O festival Mar de Mares converterá á cidade da Coruña en xuño na "capital...

A unidade móbil quirúrxica da Fundación Diego González Rivas, única no mundo, xa é unha realidade

Era un soño hai apenas un ano cando a Fundación Diego González Rivas presentaba...

Preguntan polo estado dos proxectos das Bibliotecas de Novo Mesoiro e Palavea

No marco do falso proceso de unificación, a Rede de Bibliotecas tiñan como obxectivo...

Efectivos policiais desprázanse á Ronda de Nelle na Coruña por unha falsa alarma en relación a unha arma

Efectivos policiais desprazáronse este xoves á zona da Rolda de Nelle, na Coruña, por...